608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Xosé Vizoso e Sargadelos

Curtametraxe documental sobre Xosé Vizoso e Sargadelos, dirixido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións, con montaxe de Aldán Delgado e BSO de Moisés Quintas. Coa colaboración do alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago e o departamento de Cultura da Deputación da Coruña.

Xosé Vizoso Movemento Musical 1 e 2
Unha videocreación de Aldán Delgado Fernández do proxecto multimedia e documental de Arraianos Producións sobre Xosé Vizoso e Sargadelos, con banda sonora orixinal de Moisés Quintas e dirección de Aser Álvarez. Coa colaboración da Deputación da Coruña.



Xosé Vizoso e Roberto Vidal Bolaño
Nesta peza audiovisual de Roge Fernández podemos ver o proceso creativo de Xosé Vizoso para a realización do busto en homenaxe ao actor e dramaturgo, Roberto Vidal Bolaño, que está actualmente instalado na Carballeira de Santa Minia, en Brión.

Gaiteiro Vizoso postal Nadal

MÚSICA DOCUMENTAL “XOSÉ VIZOSO E SARGADELOS” 
A música que acompaña a “Xosé Vizoso e Sargadelos”, inspírase na súa frase “Todo o que está aquí ten orixe na cultura nosa , todo está desarrollado a partir do que hai aquí, das crenzas populares…”

Ese é o obxectivo principal, pór en valor a nosa cultura inspirándose na tradición.

Así, no tema musical principal que abre e pecha o documental, aparecen melodías pausadas inspiradas na melancolía dos Alalás ou no ritmo bailable e alegre das Muiñeiras. Na interpretación ocupan un lugar destacado os instrumentos tradicionais como o Pito galego, a Pandeira ou o Birimbao, timbres e ritmos que nos acompañan e identifican culturalmante. As súas palabras son acompañadas con cantigas tradicionais e populares na voz medieval e laiosa da Zanfona, que tamén serve de inspiración nos seus debuxos e pezas de Sargadelos. Soan as músicas das cantigas: “Cabaliño branco, cabaliño negro”, “Non canto por cantar ben ” e  “Eu teño un canciño”.

 Moisés Quintas


1. VIEIRO.


2. CABALIÑO BRANCO.


3. CONVERSA.


4. ALALÁ.


5. NON CANTO.


6. EU TEÑO UN CANCIÑO.


7. O FERREIRO.


8. LAIO.

Gravación, mistura e masterización: Tameiga Sons.

MENÚ