608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Teatro Vizoso

Dentro do ámbito teatral, Vizoso colaborou non só facendo medallas, premios, figuras, carteis... senón tamén elaborando escenografías, creando máscaras ou caretas, deseño de vestimenta entre outros elementos visuais que axudan á escenificación do teatro. Comezando polas súas primeiras colaboracións no 1974 coa Sociedade Cultural Ledicia de Burela e máis adiante co grupo Buril de Burela ata chegar a colaborar a través de Sargadelos co dramaturgo catalán Ricard Salvat. No 1994, Ricard Salvat estreou no Teatro Nacional de Budapest a peza Az ember tragédiája (La tragedia del hombre) do dramaturgo Imre Madách. A súa escenografía debería ser de Isaac Díaz Pardo, pero como el mesmo recoñece: “En 1993 empecé, pero lo cierto es que todo el peso y el desarrollo del decorado lo llevó mi compañero José Vizoso, maestro de diseñadores en Sargadelos”. Así foi que Vizoso se desprazou varias veces a Budapest para representar desde a creación do mundo ata a bomba atómica, realizando dez figuras de cinco metros, símbolos de grandes momentos ou etapas históricas, cada unha delas montadas no seu carro con estrutura de madeira. Así ían aparecendo e relacionando a esfinxe con Exipto, Roma cun gladiador, a guillotina coa Revolución Francesa, etc… Á parte doutros elementos.

Máis adiante colaboraría varias veces coa compañía teatral Os Quinquilláns, a primeira vez
coa obra Os Irmandiños, e con moitas outras persoas e compañías do mundo do teatro.

MENÚ