608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

*NOTA ACLARATORIA

Debido ao estado de alarma, os organizadores dos II Premios de Podcast O Vello dos Contos "Xosé Mosquera Pérez" deciden ampliar o prazo de presentación de podcasts orixinais até o mes de setembro de 2020, coas mesma condicións que se recollen nas bases que hai nesta páxina web.

Cremos que neste estado de confinamento, a participación neste certame pode ser un exercicio pedagóxico moi útil para fomentar o uso do galego e a creatividade, así como o coñecemento e a divulgación do noso patrimonio literario, material e inmaterial, na comunidade educativa e entre o alumnado de Galicia e Portugal. 

Grazas pola vosa atención.

Premios de Podcast O Vello dos Contos

Arraianos Producións, o IES Rosalía de Castro e Ponte nas Ondas convocan os II Premios de Podcast O Vello dos Contos, coa colaboración de numerosos colectivos e institucións, para promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos e lembrar a Xosé Mosquera Pérez, quen foi a primeira estrela mediática do noso páis e un dos pioneiros da radio en Galicia.

Este certame internacional de podcast busca fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a vinculación coas tecnoloxías da inofrmación e da comunicación, favorecer o uso da lingua entre a mocidade en ámbitos asociados á oralidade, incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués e afortalar os vencellos coa lusofofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.

Hai máis de 1.000 euros en premios. A solicitude de participación hai que enviala antes do 28 de febreiro de 2020 ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. No asunto indicarase "Premio Xosé Mosquera" e o nome do centro. Descarga as bases e participa. É moi doado. (links bases)

Para divulgar a vida e a obra de Xosé Mosquera Pérez, O vello dos Contos, temos ao dispor dos centros educativos interesados un proxecto expositivo itinerante, con fotos dos anos 30, 40 e 50, que é un percorrido biográfico arredor deste persoeiro, co obxectivo de promover a súa figura e a participación nos II Premios de Podcast O Vello dos Contos.

cloud_download Descargar Bases en Galego

cloud_download Descargar Bases en Portugués

MENÚ