608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Vizoso neno

"Desde pequeño me dejé encantar por los tipos mágicos y algo tronados
que da mi tierra, a los que me gustaba retratar en dibujos;
como, salvando las distancias, Cunqueiro hizo con su literatura"

CLIJ: Cuadernos de literatura infantil y juvenil, ISSN 0214-4123, Año nº 3, Nº 19, 1990, págs. 41-43

Xa dende pequeno afecciónase ao debuxo, calquera superficie era boa para debuxar, calquera momento o idóneo, calquera veciño servía de modelo... Igualmente a afección e admiración por debuxar cabalos vénlle de neno, xa que a súa rúa era a entrada dos cabalos que acudían á feira das San Lucas de Mondoñedo. No bacharelato deu grandes mostras de poder dominar creacións e técnicas variadas. Grazas á presencia do seu profesor de debuxo, o escultor valenciano Puchades, Vizoso fórmase aínda máis e sácalle partido á súa facilidade para o debuxo. No 1966 xa realizara a ilustración dun libro, no 1968 conseguía o Premio Nacional de Escultura, aprendía do cazoleiro Tito Freire e rotulaba camións no taller dos Lichos en San Lázaro, o cal lle proporcionaba certo alivio económico, o mesmo que cando podía conseguir algún traballo eventual, como foi a restauración realizada entre 1966 e 1968 na catedral de Mondoñedo.

              

A ilusión de Vizoso sempre foi facer Belas Artes en Madrid, pero por circunstancias da época non puido ser. Entón, no xornal lugués El Progreso apareceu unha nota solicitando persoal para a planta de Sargadelos, proxecto daquela en xestación. Ofrecíase unha praza de debuxante co fin de formalo como mestre de decoración. Juan Puchades, ao ver a noticia, decidiu presentar a Xosé Vizoso sen dubidalo. Vizoso aprobou o exame e en agosto dese ano xa estaba en Sada formándose (meses de moldear, cocer, marcar pratos, pintar...) e despois en setembro de 1969 xa se instala en Sargadelos, onde acaba desenvolvendo a súa faceta artística.

Equipo restauración catedral de Mondoñedo 1968Fotografía de "Pepe de Pernas" no cruceiro do claustro da catedral de Mondoñedo, o 10 de setembro de 1966.
Algúns dos obreiros que traballaron na restauración desde 1966 a 1968.
Vizoso está na terceira fila de arriba empezando pola dereita.

MENÚ