608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Vizoso murais

Para Vizoso, dous dos artistas, entre moitos outros, dos que se inspirou e colleu relevo á hora de facer murais son posiblemente Luís Seoane e Lugrís, os muralistas máis representativos da nosa terra.
Podemos encontrar murais pintados ou elaborados a partir da clásica técnica mosaico. A súa maioría son murais vinculados á historia/cultura de Galicia ou reivindicativos e para ter sempre presentes na memoria, como o mural en homenaxe aos represaliados polo franquismo no Alto do Furriolo, (Celanova, 2006) no que se aprecia un dramatismo expresionista.

O Mural do Furriolo é un Guernica galaico, un berro de liberdade no medio do monte para facer memoria e lembrar a barbarie", asegurou Isaac Díaz Pardo o día da inauguración deste mural promovido polo colectivo Arraianos.  

MENÚ