ELÍAS VALIÑA | O INVENTOR DAS FRECHAS AMARELAS

EL SUEÑO DEL CAMINO DE SANTIAGO

Este proyecto es un humilde y merecido homenaje a Elías Valiña Sampedro (1929-1989) que, además de ser el inventor de las flechas amarillas, es el principal impulsor del resurgimiento contemporáneo de las peregrinaciones a Compostela. Sin su infatigable trabajo a lo largo de más de tres décadas, el Camino de Santiago no sería lo que es actualmente. Con esta iniciativa queremos reivindicar el legado de una figura esencial en la revitalización del fenómeno xacobeo y conmemorar así el 35 aniversario de su muerte.

Valiña muere a los sesenta años sin llegar a ver muchos de los frutos de su trabajo y de su compromiso con la recuperación, la promoción y la divulgación del Camino de Santiago. Pero todos los lugares de Europa por los que pasa alguna de las rutas xacobeas y todas aquellas personas que alguna vez en nuestra vida peregrinamos o vayamos a peregrinar a Compostela, estamos en deuda con este hombre bueno y generoso que hizo realidad su sueño de recuperar aquel itinerario europeo que llevaba siglos olvidado.

Este proyecto documental multimedia es un camino de ida y vuelta. Nos lleva desde Santa María del Cebreiro, la iglesia en la que Valiña fue cura durante treinta años, hoy un lugar mítico del Camino Francés, hasta Compostela, la meta de las peregrinaciones, en un estimulante diálogo entre el pasado, el presente y el futuro. Hacemos este recorrido para divulgar la vida y la obra de este apasionado activista, estudioso y visionario y celebrar así el treinta aniversario de la declaración del Camino Francés como Patrimonio de la Humanidad y como primer itinerario cultural europeo por parte de la Unesco. Porque su trabajo silencioso fue esencial para poder alcanzar este hito.

Peregrinamos por los Caminos de Elías Valiña, con motivo del 35 aniversario de su muerte, a través de algunas de sus fotos e imágenes inéditas, unas diapositivas que encontramos gracias a la generosidad de su familia, durante el rodaje del documental biográfico que hicimos para reivindicar su figura y divulgar su legado. He aquí un valioso material gráfico, realizado por Valiña a lo largo de su vida, que combinamos con las fotos de Naiara Esparís, Mercedes Vázquez Saavedra y Francisco Castro Miramontes, en este merecido homenaje al principal impulsor del Camino de Santiago en el siglo XX, al verdadero inventor del icono más universal de la Galicia del siglo XXI, las flechas amarillas que nos guían y nos desean un buen camino.

O SOÑO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Este proxecto é unha humilde e merecida homenaxe a Elías Valiña Sampedro (1929-1989) que, ademais de ser o inventor das frechas amarelas, é o principal impulsor do rexurdimento contemporáneo das peregrinacións a Compostela. Sen o seu infatigable traballo ao longo de máis de tres décadas, o Camiño de Santiago non sería o que é actualmente. Con esta iniciativa queremos reivindicar o legado dunha figura esencial na revitalización do fenómeno xacobeo e conmemorar así o 35 cabodano do seu pasamento.

Valiña morre aos sesenta anos, sen chegar a ver moitos dos froitos do seu traballo e do seu compromiso coa recuperación, a promoción e a divulgación do Camiño de Santiago. Pero todos os lugares de Europa polos que pasa algunha das rutas xacobeas e todas aquelas persoas que algunha vez na nosa vida peregrinamos ou vaiamos peregrinar a Compostela, estamos en débeda con este home bo e xeneroso que fixo realidade o seu soño de recuperar aquel itinerario europeo que levaba séculos esquecido.

Este proxecto documental multimedia é un camiño de ida e volta. Lévanos dende Santa María do Cebreiro, a igrexa na que Valiña foi crego durante trinta anos, hoxe un lugar mítico do Camiño Francés, ata Compostela, a meta das peregrinacións, nun estimulante diálogo entre o pasado, o presente e o futuro. Facemos este percorrido para divulgar a vida e a obra deste apaixonado activista, estudoso e visionario e celebrar así o trinta aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e como primeiro itinerario cultural europeo por parte da Unesco. Porque o seu traballo silandeiro foi esencial para poder acadar este fito.

Peregrinamos polos Camiños de Elías Valiña, cando se fan os 35 anos da súa morte, a través dalgunhas das súas fotos e imaxes inéditas, unhas diapositivas que atopamos, grazas á xenerosidade da súa familia, durante a rodaxe do documental biográfico que fixemos para reivindicar a súa figura e divulgar o seu legado. Velaquí un valioso material gráfico, realizado por Valiña ao longo da súa vida, que combinamos coas fotos de Naiara Esparís, Mercedes Vázquez Saavedra e Francisco Castro Miramontes, nesta merecida homenaxe ao principal impulsor do Camiño de Santiago no século XX, ao verdadeiro inventor da icona máis universal da Galicia do século XXI, as frechas amarelas que nos guían e nos desexan un bo camiño.

THE DREAM OF THE WAY OF SANTIAGO

This project is a humble and well-deserved tribute to Elías Valiña Sampedro (1929-1989) who, in addition to being the inventor of the yellow arrows, is the main driving force behind the contemporary resurgence of pilgrimages to Compostela. Without his tireless work for more than three decades, the Camino de Santiago would not be what it is today. With this exhibition we want to vindicate the legacy of an essential figure in the revitalization of the xacobeo phenomenon and thus commemorate the 35th anniversary of his death.

Valiña died at the age of sixty without seeing many of the fruits of his work and his commitment to the recovery, promotion and dissemination of the Way of St. James. But all the places in Europe through which one of the Xacobean routes passes and all those people who at some time in our lives went on pilgrimage or will go on pilgrimage to Compostela, we are indebted to this good and generous man who made his dream of recovering that European itinerary that had been forgotten for centuries come true.

This multimedia documentary project is a round trip. It takes us from Santa María del Cebreiro, the church where Valiña was a priest for thirty years, today a mythical place of the French Way, to Compostela, the goal of the pilgrimages, in a stimulating dialogue between past, present and future. We make this journey to disseminate the life and work of this passionate activist, scholar and visionary and thus celebrate the thirtieth anniversary of the declaration of the French Way as a World Heritage Site and as the first European cultural itinerary by Unesco. Because his silent work was essential to reach this milestone.

On the occasion of the 35th anniversary of his death, we go on a pilgrimage along the paths of Elías Valiña, through some of his unpublished photos and images, slides that we found thanks to the generosity of his family, during the filming of the biographical documentary that we made to vindicate his figure and spread his legacy. Here is a valuable graphic material, made by Valiña throughout his life, which we combine with the photos of Naiara Esparís, Mercedes Vázquez Saavedra and Francisco Castro Miramontes, in this well-deserved tribute to the main promoter of the Camino de Santiago in the 20th century, to the true inventor of the most universal icon of the Galicia of the 21st century, the yellow arrows that guide us and wish us a good way.

VERSIÓN AUDIOLIBRO

Este documental busca recuperar a historia vital de Elías Valiña Sampedro, o cura do Cebreiro, principal responsable do rexurdimento dos Camiños de Santiago no Século XX e inventor das características frechas amarelas que o sinalizan e que xa se converteron nun símbolo universal. Este documental, o primeiro que recolle a vida e obra do crego do Cebreiro, conta coa intervención de expertos, amigos e familiares de Elías Valiña que conxuntamente constrúen este relato audiovisual dende cadansúa perspectiva.

Este documental busca recuperar la historia vital de Elías Valiña Sampedro, el cura del Cebreiro, principal responsable del resurgimiento de los Caminos de Santiago en el Siglo XX e inventor de las características flechas amarillas que lo señalizan y que ya se han convertido en un símbolo universal. Este documental, el primero que recoge la vida y obra del cura del Cebreiro, cuenta con la intervención de expertos, amigos y familiares de Elías Valiña que conjuntamente construyen este relato audiovisual desde su propia perspectiva.