Podemos falar dunha obra que supera os 130 carteis creados por Vizoso ao longo de case 50 anos. Carteis para múltiples feiras e festas populares, profanas e relixiosas, xornadas, seminarios, romaxes, concursos, trofeos deportivos, para certames e representacións teatrais, para feiras artesás, desde a da olaría de Buño ata a do ferro de Riotorto. Ao longo dos seus carteis podemos ver una evolución (sobre todo apreciable nos carteis da Queimada de Cervo) no sentido do ritmo, perspectiva e como vai simplificando e resolvendo a expresión gráfica do seu debuxo e análise gráfica. Todo isto sempre vai unido e visualízase no resto das súas facetas artísticas: cerámica, escultura...
XOSÉ VIZOSO
-
1- AUDIOVISUAL
-
2- BIOGRAFÍA
-
3- OBRA ARTÍSTICA
-
4- PROXECTO PEDAGÓXICO
-
5- NOVAS