ENTREGADOS OS VII PREMIOS O VELLO DOS CONTOS

O luns, 2 de xuño de 2025, ás 12:00 no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, celebrouse a gala de entrega dos 7º premios escolares de podcast Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”, os primeiros premios de podcast en galego e déronse a coñecer aos traballos gañadores e finalistas de cada categoría. Trala votación dos membros do xurado, composto por profesionais da comunicación, profesorado e alumnado de ensino medio e secundario e persoas vencelladas da organización destes premios internacionais de podcast escolar, premios que levan o nome de quen foi a primeira estrela mediatica de Galicia, xa podemos dar a coñecer os traballos finalistas en cada categoría, correspondentes a podcast realizados por alumnado de centros educativos das catro provincias.

Nota de Prensa: Los colegios Maestro Valverde Mayo y Milladoiro y los institutos de Foz y Alexandre Bóveda, ganadores del VIII certamen escolar de podcast ‘O vello dos contos’ – Xunta de Galicia

CATEGORÍA DE PRIMARIA

GAÑADORES EX AEQUO

Avoa Fita. O sentir do pasado | Ceip Mestre Valverde Mayo – Mos, Pontevedra

A nosa herdanza | Ceip Milladoiro – Malpica De Bergantiños, A Coruña

FINALISTAS

A Biblioteca do Sacho | Ceip Pluriligüe A Cristina – Carballo, A Coruña

As crianzas dos contos | CEIP de Pazos – Mestre García Niebla – Pazos, A Coruña

Letras Galegas | CEIP de López Ferreiro – Compostela, A Coruña

Tradición Oral | CEIPP Feliciano Barrera – Ponteareas, Pontevedra

As Letras Galegas 2025 | CEIP Plurilingue Cardeal Quiroga – Compostela, A Coruña

CATEGORÍA DE SECUNDARIA

GAÑADORES EX AEQUO

Lanchiña que vas en vela | IES de Foz – Foz, Lugo

Da peneira á eternidade | IES Alexandre Bóveda – Vigo, Pontevedra

FINALISTAS

Elas Cantan | CPR Plurilingüe Divino Salvador – Vigo, Pontevedra

A regueifa con Lupe Blanco | CPI Cruz do Sar – Bergondo, A Coruña

Agora Comezo Eu 1 –  Capítulo Introducción | IES Ramón Otero Pedrayo – Ourense, Ourense

Agora Comezo Eu 7 – Adolfina e Rosa | IES Ramón Otero Pedrayo – Ourense, Ourense

Agora Comezo Eu 8 – Falamos coa avoa Gloria | IES Ramón Otero Pedrayo – Ourense, Ourense

Participa no certame !

Os Premios de Podcast O Vello dos Contos son unha inciativa que busca poñer en valor o podcast no eido educativo. O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan este certame para centros de primaria e secundaria de Galicia e Portugal.





EXPOSICIÓN ITINERANTE

Este proxecto expositivo itinerante é un percorrido biográfico pola vida e a obra de Xosé Mosquera Pérez, a primeira estrela mediática do noso país, a través dos micrófonos de Radio Galicia, pra promover nos centros educativos os Premios de Podcast «O Vello dos Contos».


OBRADOIRO E RECURSOS
Titorial sobre o uso de Audacity para aprender os conceptos básicos e comezar a facer podcast nas aulas.