As súas ilustracións sempre teñen un grande imaxinario inspirado no rural, de carácter enxebre e propio da Galicia que xa foi desaparecendo. Ten feito máis de 300 cubertas tanto para Edicións do Castro como para outras editoriais dentro e fóra de Galicia. Non só ilustrou libros, senón que tamén destaca o tarot ideado por Aneiros e prologado por Díaz Pardo, para o que Vizoso creou as imaxes das cincuenta e dúas cartas da baralla, en 1992.
A súa técnica foi evolucionando co tempo dende imaxes máis abstractas e cheas de xeometrías onde se mesturan as figuras e os fondos, ata ilustracións máis espontáneas onde importa o trazo e a simplicidade do bosquexo.