608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Vizoso neno

"Desde pequeño me dejé encantar por los tipos mágicos y algo tronados
que da mi tierra, a los que me gustaba retratar en dibujos;
como, salvando las distancias, Cunqueiro hizo con su literatura"

CLIJ: Cuadernos de literatura infantil y juvenil, ISSN 0214-4123, Año nº 3, Nº 19, 1990, págs. 41-43

Xa dende pequeno afecciónase ao debuxo, calquera superficie era boa para debuxar, calquera momento o idóneo, calquera veciño servía de modelo... Igualmente a afección e admiración por debuxar cabalos vénlle de neno, xa que a súa rúa era a entrada dos cabalos que acudían á feira das San Lucas de Mondoñedo. No bacharelato deu grandes mostras de poder dominar creacións e técnicas variadas. Grazas á presencia do seu profesor de debuxo, o escultor valenciano Puchades, Vizoso fórmase aínda máis e sácalle partido á súa facilidade para o debuxo. No 1966 xa realizara a ilustración dun libro, no 1968 conseguía o Premio Nacional de Escultura, aprendía do cazoleiro Tito Freire e rotulaba camións no taller dos Lichos en San Lázaro, o cal lle proporcionaba certo alivio económico, o mesmo que cando podía conseguir algún traballo eventual, como foi a restauración realizada entre 1966 e 1968 na catedral de Mondoñedo.

Debuxo Vizoso neno, 11 anos.  Debuxo Vizoso neno, 12 anos.  Debuxo Vizoso neno, 14 anos.
Debuxos de entre os once e os quince anos.

Retrato a súa nai. 1964.              Pintura da Fonte Vella de Mondoñedo, 1968.

A ilusión de Vizoso sempre foi facer Belas Artes en Madrid, pero por circunstancias da época non puido ser. Entón, no xornal lugués El Progreso apareceu unha nota solicitando persoal para a planta de Sargadelos, proxecto daquela en xestación. Ofrecíase unha praza de debuxante co fin de formalo como mestre de decoración. Juan Puchades, ao ver a noticia, decidiu presentar a Xosé Vizoso sen dubidalo. Vizoso aprobou o exame e en agosto dese ano xa estaba en Sada formándose (meses de moldear, cocer, marcar pratos, pintar...) e despois en setembro de 1969 xa se instala en Sargadelos, onde acaba desenvolvendo a súa faceta artística.

Equipo restauración catedral de Mondoñedo 1968Fotografía de "Pepe de Pernas" no cruceiro do claustro da catedral de Mondoñedo, o 10 de setembro de 1966.
Algúns dos obreiros que traballaron na restauración desde 1966 a 1968.
Vizoso está na terceira fila de arriba empezando pola dereita.

Sargadelos
A historia de Sargadelos está intimamente unida a Vizoso. En 1968, con só dezaoito anos, ten o primeiro contacto coa empresa. Estaría ben lembrar que a inauguración formal da fábrica é do 1970, o que significa que ese pequeno equipo inicial que lideraba Díaz Pardo contaba xa coa colaboración de Xosé e a súa man vai estar presente en todo tipo de producións: figuras, vaixelas, xogos de café e medallas conmemorativas. 

Vaixelas Toxo cor e Viz-1. Principios anos 70.
Galos: GG1, GG2, GG3 E GG4.

Galo Vizoso Financial Times

"Os galos" foi una das súas pezas feitas nos inicios de Sargadelos. É unha serie de catro figuras onde varían as posturas e accións de cada galo. Son pezas complicadas formadas por múltiples pezas pequenas coas que se vai xogando e intercambiando para crear as figuras finais e que serven igualmente para conformar os catro modelos de galos. Este recurso logo servirá para outras pezas como "Os cegos", en homenaxe a Castelao. Non hai que esquecer as vaixelas. A "Toxo" foi das primeiras, e nela incorporouse por primeira vez a cor vermella na decoración. Despois está a "Viz-1", inspirada nunha balconada de Burela. Tamén está "Fállela", "Cuncha" ou "F-73".  Todo o que se facía en Sargadelos tiña que ver coa cultura galega.

Pomba nº3. 1977. Xosé Vizoso tallando a Sibila para Estrella Galicia. Foto Isaac Díaz Pardo.

"Todas as pezas tiñan un porqué e unha información que as explicaba,
de onde procedían e o que tentaban comunicar. 
Non había nada feito por azar,
por iso creo que ten un valor grande". X. Vizoso

Retrato de Isaac feito por Vizoso.

Isaac e Xosé Vizoso.   Isaac e Xosé Vizoso.

Vizoso ten a sorte de traballar ao lado de Isaac, a quen considera o seu segundo mestre. O respecto e confianza deixan liberdade para crear e deseñar pezas. A confianza depositada en Vizoso era recoñecida por Isaac nunha carta asinada en 1988 "...o peso deseñístico da sección de cerámica en Sargadelos gravita hoxe sobor de Xosé Vizoso. Este mindoniense ten moitas máis virtudes que as puramente artísticas. A súa admirable disciplina para concibir, proxectar e realizar formas non crearon nel ningún tipo de narcisismo, tan frecuente nestes casos, que axiña tropezan coas demais disciplinas que participan do deseño industrial..."

Carta de Isaac a Vizoso 1988.

MENÚ