608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

VizosoAs súas ilustracións sempre teñen un grande imaxinario inspirado no rural, de carácter enxebre e propio da Galicia que xa foi desaparecendo. Ten feito máis de 300 cubertas tanto para Edicións do Castro como para outras editoriais dentro e fóra de Galicia. Non só ilustrou libros, senón que tamén destaca o tarot ideado por Aneiros e prologado por Díaz Pardo, para o que Vizoso creou as imaxes das cincuenta e dúas cartas da baralla, en 1992.

A súa técnica foi evolucionando co tempo dende imaxes máis abstractas e cheas de xeometrías onde se mesturan as figuras e os fondos, ata ilustracións máis espontáneas onde importa o trazo e a simplicidade do bosquexo.

Vizoso en decorados, Sargadelos década dos 70.

A gran facilidade de Vizoso para debuxar, sintetizar e describir as formas buscadas a base de trazos foi unha axuda inestimable para que o proceso de desenvolvemento de cada prototipo acadase éxito. Da man de Vizoso, o debuxo foi o celme dos estudos previos que toda peza debe cumprir ante as esixencias do proceso cerámico. Como artista multidisciplinar, dos estudios previos da peza pasaba a tallala en escaiola ou poliexpán, dándolle volume e vida ao debuxo inicial.

"Os galos" é una peza característica dos inicios na cerámica de Vizoso en Sargadelos. Esta serie, formada por catro figuras cos corpos e cabezas diferentes, imaxes aparentemente complicadas, están formadas por múltiples elementos que poden intercambiarse e servir igualmente para os catro modelos. Un recurso innovador que lle serviu como solución en series posteriores. Poderiamos enumerar moitas máis pezas e vaixelas ("Toxo", "Viz-1", "Follela"...). Moitas das pezas máis senlleiras e importantes de Sargadelos foron deseñadas por Xosé Vizoso. 

Xosé Vizoso carteis Podemos falar dunha obra que supera os 130 carteis creados por Vizoso ao longo de case 50 anos. Carteis para múltiples feiras e festas populares, profanas e relixiosas, xornadas, seminarios, romaxes, concursos, trofeos deportivos, para certames e representacións teatrais, para feiras artesás, desde a da olaría de Buño ata a do ferro de Riotorto. Ao longo dos seus carteis podemos ver una evolución (sobre todo apreciable nos carteis da Queimada de Cervo) no sentido do ritmo, perspectiva e como vai simplificando e resolvendo a expresión gráfica do seu debuxo e análise gráfica. Todo isto sempre vai unido e visualízase no resto das súas facetas artísticas: cerámica, escultura...

VISUALIZAR CATÁLOGO EXPOSICIÓN
Xosé Vizoso exposición carteis 1970 - 2016

O seu mestre Puchades influenciou en Vizoso e tendeulle a man na escultura. Xa no ano 1968 ten o seu primeiro recoñecemento, xa que obtén en Málaga o primeiro premio nacional xuvenil de escultura. Tamén outra obra súa, "San Froilán", será premiada co segundo premio, compartido co escultor Buciños, no Concurso Exposición de Pintura e Escultura Lucense.

Na obra de Vizoso pódese e debemos considerar escultura tanto as súas figuras cerámicas como toda a obra escultórica de grandes proporcións, pois o traballo escultórico esta implícito en ambas facetas: o estudo da figura en planos e bosquexos, a talla e resolución volumétrica da mesma ata chegar ao resultado final.

Teatro Vizoso

Dentro do ámbito teatral, Vizoso colaborou non só facendo medallas, premios, figuras, carteis... senón tamén elaborando escenografías, creando máscaras ou caretas, deseño de vestimenta entre outros elementos visuais que axudan á escenificación do teatro. Comezando polas súas primeiras colaboracións no 1974 coa Sociedade Cultural Ledicia de Burela e máis adiante co grupo Buril de Burela ata chegar a colaborar a través de Sargadelos co dramaturgo catalán Ricard Salvat. No 1994, Ricard Salvat estreou no Teatro Nacional de Budapest a peza Az ember tragédiája (La tragedia del hombre) do dramaturgo Imre Madách. A súa escenografía debería ser de Isaac Díaz Pardo, pero como el mesmo recoñece: “En 1993 empecé, pero lo cierto es que todo el peso y el desarrollo del decorado lo llevó mi compañero José Vizoso, maestro de diseñadores en Sargadelos”. Así foi que Vizoso se desprazou varias veces a Budapest para representar desde a creación do mundo ata a bomba atómica, realizando dez figuras de cinco metros, símbolos de grandes momentos ou etapas históricas, cada unha delas montadas no seu carro con estrutura de madeira. Así ían aparecendo e relacionando a esfinxe con Exipto, Roma cun gladiador, a guillotina coa Revolución Francesa, etc… Á parte doutros elementos.

Máis adiante colaboraría varias veces coa compañía teatral Os Quinquilláns, a primeira vez
coa obra Os Irmandiños, e con moitas outras persoas e compañías do mundo do teatro.

MENÚ