608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

CONVOCATORIA DE PRENSA

Presentación dos III Premios Internacionais de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”

Para celebrar o Día Mundial da Radio e lembrar a un dos pioneiros deste medio en Galicia, queremos convidarte, este vindeiro venres, 12 de febreiro de 2021, ás 11 da mañá, no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela ao programa de radio que imos facer co alumnado para a presentación e a convocatoria dos III Premios Internacionais de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”.

Neste programa conmemorativo do Día Mundial da Radio, imos contar coa presenza dos organizadores e alumnado de 3º da ESO, que vai entrevistar a Darío Gil Arias, o fllo de Xela Arias, a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas, e a Loliña Mosquera, a flla de Xosé Mosquera Pérez, un dos pioneiros da radio en Galicia.

Os III Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, que contan con máis de 1.000 euros en premios, son unha iniciativa deste instituto compostelán e de Arraianos Producións para a promoción do galego e o fomento das novas tecnoloxías nos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal, a través da organización dun certame escolar de podcasts de carácter internacional, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e outros colectivos que traballan nestes eidos, como a Asociación Ponte nas Ondas, Oral de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo, a Fundación Rosalía de Castro, Radio Galicia, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia.

cloud_download Descargar Bases en Galego

MENÚ