608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

3º Edición | Traballos premiados

O xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, reuniuse virtualmente para valorar os podcasts e os relatos radiofónicos enviados polos máis de trinta centros participantes nesta terceira edición. Este certame, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os/as finalistas), a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia - Cadena Ser, o Museo do Pobo Galgeo, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia. O xurado, logo de valorar os 65 podcats enviados polos 32 centros educativos que se presentaron ao certame e de compartir opinións acerca dos extraordinarios traballos recibidos, acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría.


GAÑADORES DOS III PREMIOS DE PODCAST

Categoría de primaria: Mestre Manuel García. “Vibrando con Xela”.

 

Categoría de secundaria: IES Fontexería: “Xela nas ondas”.

O xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle un premio especial ao podcast titulado “Xela”, realizado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo de Vigo.


FINALISTAS NA CATEGORÍA DE PRIMARIA:

Mestre Valverde Mayo. "Lembranzas no café de Sarria"

CPI Plurilingüe José García. “A desorde de Xela”

CEIP Santo Tomé: "As que viaxan co tempo". 

CEIP Xoaquín Loriga: “Festa da palabra”. 

CEIP Raíña Fabiola: “Nai”. 

CEIP O Coto. "A fala"


FINALISTAS NA CATEGORÍA DE SECUNDARIA:

IES A Basella: “Xela Arias”.

CPI Virxe da Saleta, “Sweet Xela”.

IES A Sangriña: “Sinxelamente Xela”. 

IES de Arzúa: “Reinterpretando a Xela”.

IES Eduardo Pondal: “Escoitando a Sara”.

IES Pedras Rubias, "Falámosvos a vós, NAIS. E a ti, XELA."

MENÚ