608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

2º Edición | Traballos premiados

O 19 de Novembro do 2020, ás 12:00 h, reuniuse de forma virtual o xurado do II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, o Museo do Pobo Galego, a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo, a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, a Radio Galega, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia. Logo de valorar os traballos finalistas, acordou por unanimidade conceder os seguintes premios, consonte as bases do concurso.


CATEGORÍA DE PRIMARIA

Primeiro Premio: Sinécdoque, un podcast do CEIP Raíña Fabiola de Santiago de Compostela.

 

Premio Especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas: Ánimo, xente, un podcast do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.

Accésit: Na verea da igualdade, un podcast do CEIP Baamonde de Begonte.


CATEGORÍA DE SECUNDARIA

Primeiro Premio: O vello dos contos, un podcast do IES de Foz.

Premio especial 25 Aniversario Ponte nas Ondas: Morriña, un podcast do IES Manuel García Barros da Estrada.

 

MENÚ