608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

CRUCE DE CAMIÑOS

As tintas que se encontran. Os fluídos que se recoñecen. Do corpo nace un río de tinta que baixa polas corredoiras da noite ata dar cos teus ollos. Nesa luz pacen os cervos do amencer.

O sangue que se dilúe no tempo que avanza como lava. Os dedos tisnados coas últimas brasas da desfeita. Acariñar a palabra que aínda non ten forma.  Agarimala cos rescaldos do último alento. Para que naza. Para que encha o noso baleiro. Líquido. Como  canle de río que espera as chuvias de setembro. Esta voz deshabitada.

O azar é un refuxio.

Os filamentos da palabra medran no interior dese baleiro. Fertilizan o desenlace. Reconducen o río. Esa palabra líquida que desemboca na mudez. Mentres os tinteiros da noite se xean para que o teu corpo respire e se esperance. Para que me des a man se aínda é cedo para que non sufras nin me esquezas.

Para que a miña man te recoñeza.

Baldo Ramos

Ilustracións de Baldo Ramos

MENÚ