608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

ANTONIO TIZÓN (Aranga, A Coruña, 1960)

é periodista, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, e traballou durante máis de vinte anos como xornalista e profesor de diversas materias nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, ata que lle concederon unha incapacidade permanente debido ao trastorno bipolar que padece. Ten editados (1996) un libro de relatos, In medias res, e o poemario Ritmos. En 2015 iniciou con A antesala luminosa (Xerais) unha serie de novelas que serán publicadas nesa mesma editorial durante os próximos anos, cinco obras que teñen como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de falso xénero negro, pretenden abordar, dende distintas perspectivas, o tema central da enfermidade mental. Despois da edición da segunda entrega desta saga, Un home estraño (Xerais, marzo de 2018), Premio Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”, entre a terceira e a cuarta entregas, Os incurábeis e Cal lobos doentes, respectivamente, está prevista a publicación de Dende o medio de San Epitafio, un libro de dezasete relatos que pode lerse como unha obra independente pero tamén como complemento de lectura das cinco novelas que conforman a serie Sánchez Pereiro, porque afonda nalgunha das súas tramas e personaxes. Tizón a miúdo escribe poesía, que acumula en volumes inéditos. Entre os xa rematados, nestes momentos está a preparar, con vistas á súa futura edición, ademais de Non hai espellos nos manicomios, os libros+CD Coplas analfabetas e A nena que manexa os ventos, e os cincuenta poemas (25 sonetos+25 romances) de Odiseas polo amor, a loucura e a morte.

MENÚ