608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Primeiro Exilio: Venezuela (1948 - 1961)

En Venezuela Velo traballa como mestre en academias e colexios ademais de manter unha intensa actividade cultural e social entre os colectivos de emigrantes galegos, sendo nomeado presidente do Lar Galego de Caracas e participando como poñente no Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires, en 1956.

Coa caída do réxime de Pérez Jiménez en Venezuela animouse a actividade política dos exiliados, e Velo, a través de artigos, emisións radiofónicas e mítins, converteuse nun importante axitador da loita antifranquista no exterior. Entrou tamén en contacto coa resistencia portuguesa, liderada por Humberto Delgado (exiliado dende 1958 no Brasil), e foi o ideólogo, fundador e director xeral do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), organización de exiliados españois e portugueses creada en Caracas entre 1959 e 1960, que pretendía dar resposta ao Pacto Ibérico entre Franco e Salazar.

MENÚ