608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

Xosé Velo Mosquera no 61 aniversario da toma do Santa María

Videocreación de Arraianos Producións co discurso pronunciado por Xosé Velo a bordo do transatlántico portugués Santa Maria, rebautizado como Santa Liberdade polos comandos do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961, hai agora 61 anos, para denunciar as dictaduras ibéricas.

Xosé Velo en Radio Claridad

A continuación incorporamos unha serie de discursos pronunciados por Xosé Velo Mosquera recuperados de Radio Claridad, a radio clandestina antifranquista no exilio, na que participou activamente. Escoitaremos a voz do propio Xosé Velo comentando diferentes asuntos relativos tanto a Galicia como a España. Radio Claridad foi creada pola UCE (Unión de Combatientes Españoles) e emitía tanto en Venezuela como en España a finais da decada de 1950.

Xose Velo en Vigo e a guerrilla antifranquista na provincia de Pontevedra

Nesta curtametraxe documental, realizada por Arraianos Producións para ACUDE Rural e a Deputación de Pontevedra, divulgamos un aspecto moi descoñecido da biografía de Xosé Velo Mosquera, a súa vinculación coa guerrilla antifranquista galega na provincia de Pontevedra durante os anos en que este galeguista histórico vivíu en Vigo, antes de ter que fuxir a Portugal e exiliarse en Venezuela. Un percorrido audiovisual dirixido por Aser Álvarez e Nadia Sniba, con animacións de Aldán Delgado e con banda sonora orixinal de Sindo Otero Badás, musicando un poema inédito de Xosé Velo Mosquera.

MENÚ