608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

“Esta mostra quere reflexar a diversidade do rural galego”

Aser Álvarez coordina a nova montaxe de Afundación, “A vida lenta”, que contará con Óliver Laxe nas actividades paralelas

Máis de 70 imaxes, dende fotografías en branco e negro que conviven coas de cor e unha proxección de 40 minutos ou enfoques artísticos con abordaxes documentais comparten espazo en “A vida lenta”. O cineasta Aser Álvarez, de Arraianos Produccións, propuxo unha montaxe levada a termo pola Obra Social de Abanca, na que xustifica  a escolma nun achegamento completa a realidade: “Esta mostra quere reflexar a diversidade do territorio rural galego que dende a perspectiva urbana tendemos a simplificar”.
Puntualiza que moitas destas esceas, recollidas dende os anos 30 aos 80 do século XX, xa non se poden atopar. “Os últimos anos nos que se fixeron estas fotografías o 16% da poboación adicábase ás actividades agrarias, fronte ao 5% actual; tiñan o desexo de fuxir des vida que se vinculaba ao retraso e precariedade; agora, trala pandemia, valórase doutro xeito e se consideran uns auténticos privilexiados; é algo sobre o que podemos reflexionar nesta mostra”.
A exposición incorpora fondos de tres arquivos fotográficos: un público, o do Ministerio de Agricultura e Pesca, e dúas privadas, a de Carlos Valcárcel y a de Jaume Lloveras & Juan Piñeiro. Comeza o percorrido cos fondos públicos, realizados por Mariano García, Amancio Pico, José Veiga ou Francisco Ponti. Divídense entre as que teñen vocación creativa e as que documentan as actividades realizadas no rural. Valcárcel reproduce cunha visión artística a súa contorna nos anos 60 e 70. Lloveras e Piñeiro documentan os últimos anos da explotación minifundista galega.

Banda sonora a partir do ‘Alalá’


Moisés Quintas é o autor da banda sonora composta específicamente para a exposición. “Traballo sobre os populares ‘alalás’ que proveñen do canto gregoriano que interpreto con instrumentos artesanais como frautas de cana o de corno e tradicionais como a gaita e a zanfona”. Súmalle os sons da terra, recollidos no Consello da Cultura Galega: “É a natureza en si e o ritmo que tiña o rural de entón”, apunta Quintas.

A melodía soa en bucle para acompañar o percorrido da exposición. Tamén acompaña a proxección que suma fragmentos de documentais históricos sobre o rural galego como “O carro e o home”, de Antonio Román (1940) e “La ciudad y el campo”, de Carlos Velo (1934).

Ás disciplinas artísticas da exposición engádese a poesía. Así, versos de autores gañadores do Premio de Poesía Afundación poñen voz ás imaxes: “Houbo; perfume de terra entre a pel; e a carne; entre os dentes; e a carne” (‘Interna’, de Oriana Méndez, 2020). Acompáñana un programa de actividades paralelas con invitados como Óliver Laxe. Permanecerá no Centro Social de Afundación ata o 29 de maio.

Fonte: Atlantico Diario - “Esta mostra quere reflexar a diversidade do rural galego”

MENÚ