608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

TRABALLOS PARA AFUNDACIÓN E ABANCA

A mostra reúne unha selección de obras do artista das coleccións do banco e Afundación e material audiovisual do documental ‘Sísifo confuso’

ABANCA, en colaboración con Afundación e Arraianos Producións, presenta este xoves 3 de novembro en Pontevedra a exposición ‘Os traballos e os días de Francisco Leiro’, que ofrece a posibilidade de gozar da obra dunha das grandes figuras do panorama da arte galega actual e tamén ser testemuñas excepcionais do seu proceso creativo entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

A exposición reúne oito esculturas e cinco traballos en papel producidos dende os anos noventa ata a actualidade que forman parte das coleccións de arte de ABANCA e Afundación.

Entre as obras seleccionadas atópanse algunhas tan significativas como as catro ‘Recolectoras’ (2003) ou ‘Fauno’ (2007), cinco pezas en madeira en gran formato que teñen alcanzado un verdadeiro estatus simbólico na escultura galega contemporánea. O seu traballo en granito, outro dos materiais de referencia na súa produción artística, tamén está reflectido na mostra coa escultura ‘Cabeza’, de 1988.

O proxecto expositivo enriquécese cun interesante material multimedia procedente do documental ‘Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro’, escrito e dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións. Unha serie de fotografías en gran tamaño e unha peza audiovisual sobre cada un dos seus tres lugares de traballo ofrécennos unha visión inédita tanto do artista como do seu proceso creativo, que se desenvolve entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

É a primeira vez que o artista abre as súas portas a un equipo audiovisual, polo que o proxecto danos unha oportunidade única de ser testemuñas dende un punto de vista persoal e íntimo de como leva a cabo su produción o artista galego con maior proxección internacional na actualidade.

Como peche do percorrido inclúense unha serie de fotografías de obras de Francisco Leiro que se poden contemplar en diferentes puntos da cidade de Pontevedra, como exemplo da importancia que ten na súa traxectoria a escultura civil.

Este proxecto expositivo responde a unha das liñas estratéxicas de ABANCA no marco da súa política de RSC, que é contribuír dentro das súas posibilidades a divulgar a cultura e o coñecemento dos artistas galegos, ao mesmo tempo que ofrece a todos os cidadáns a posibilidade de gozar do seu rico patrimonio artístico.

A exposición poderá visitarse ata o 28 de xaneiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

De forma paralela, ABANCA e Afundación teñen organizado un programa de actividades no que xa reservaron praza para participar 630 escolares da cidade e os arredores.

Traballo Afundación Abanca Sísifo Confuso Arraianos Produccións portada

TraballoAfundación Abanca Sísifo Confuso Arraianos Produccións contraportada

Traballo Afundación Abanca Sísifo Confuso Arraianos Produccións

Exposición Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro

MENÚ