TRABALLOS PARA A XUNTA DE GALICIA

ANACOS DO RURAL / UNHA REVISIÓN DOCUMENTAL DO PASADO RECENTE DA GALICIA RURAL

Neste proxecto de recuperación e divulgación documental sobre o rural galego conflúen os esforzos e as vontades de institucións, individuos e colectivos que acreditamos na necesidade de coñecer o noso pasado para poder analizar o presente e afrontar conxuntamente os importantes desafíos e retos do mundo rural de hoxe e de mañá.

Esta edición multimedia, impulsada polo colectivo ACUDE Rural co asesoramento técnico de Arraianos Producións, que conta do apoio de AGADER e da Xunta de Galicia e a colaboración da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, así como dos enxeñeiros Jaume Lloveras e Juan Piñeiro entre outros colaboradores, é unha escolma única de textos, material fotográfico e cinematográfico sobre a Galicia rural, que se enmarca dentro dun ambicioso proxecto editorial e socializador, pioneiro en España, que quere contribuír á divulgación do patrimonio e, sobre todo, ao debate sobre o presente e futuro do mundo rural.


Exposición O Vello dos Contos

Este proxecto expositivo itinerante é un percorrido biográfico pola vida e a obra de Xosé Mosquera Pérez, a primeira estrela mediática do noso país, a través dos micrófonos de Radio Galicia, pra promover nos centros educativos os Premios de Podcast "O Vello dos Contos".

Exposición Anacos do Rural Santiago de Compostela

MENÚ