608 807 895

981 058 679

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

O museo da pataca abre as súas portas

O Museo da Pataca de Coristanco é unha obra colectiva, feita coa colaboración de persoas, institucións, colectivos e empresas. Un espazo vivo e dinámico, que sempre vai estar aberto a novas incorporacións e achegas para coñecer mellor o pasado, o presente e o futuro da pataca con máis sona de Galicia.

Comeza aquí un percorrido polo cultivo, a historia e toda a cultura popular da pataca de Coristanco. Unha viaxe que podemos facer grazas aos que habitaron estas terras antes ca nós, aos que homenaxeamos con agarimo neste museo, lembrando tamén aos pioneiros e pioneiras da pataca de semente de Bergantiños e os inicios da Festa da Pataca de Coristanco.

No menú de hoxe temos patacas ou castañas da terra, regueifa, fotografía, pintura, audiovisuais, apeiros de labranza, cestos, tallos, podcasts e todos os avances que nos permite a tecnoloxía para contarlles aos que nos visitan unha historia única e transmitirlles ás novas xeracións todo este saber. Porque delas depende o presente e o futuro da pataca de  Coristanco. A inauguración deste museo é un fito tan importante como prometedor.

Comisariado
Aser Álvarez  - Arraianos Producións.

Proxecto de musealización
Arraianos Producións.
Aser Álvarez e Aldán Delgado
coa colaboración do Concello de Coristanco.

Concepto e desenvolvemento gráfico
Aldán Delgado.

Produción
Arraianos Producións SLU e Tórculo.

Participan nos audiovisuais e nos podcast
Lupe Blanco, Manuel Fernández Pena, María Dolores Pose Reino, Juan Ramón Sanjurjo Martínez, Sandra Fernández Porteiro, Manuel Remuiñán Cancela, Luís García Fernández, Pedro Suárez Doldán, Manuel Verde Calvelo, Mon Devane,
Luís Lista, Loli España, Isabel Soutullo e os mozos e mozas de Coristanco.

Dirección do proxecto audiovisual
Aser Álvarez.

Gravación de son e vídeo
Arraianos Producións, Laura Fandiño, Aldán Delgado e Aser Álvarez.

Fotografías
Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación.
Proxecto multimedia Anacos do Rural, de Arraianos Producións, ACUDE Rural e AGADER.
Fondo fotográfico de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión.
Laura Fandiño, Aldán Delgado e Aser Álvarez.

Colaboracións artísticas
Mon Devane, Lupe Blanco, Luís Lista, Loli España e Isabel Soutullo.

Asesoramento
Luís García, Juan Ramón Sanjurjo Martínez, Jesús Manuel Quintela (IXP Pataca de Galicia) EFA Fonteboa e Asociación de Produtores de Pataca de Coristanco.

Agradecementos
EFA Fonteboa, ACUDE Rural, CEIP Xosé Pichel e a todo o persoal, corporación municipal, veciños e veciñas do Concello de Coristanco, e a todas as persoas, institucións e colectivos que nos axudaron a facer realidade este soño colectivo do Museo da Pataca de Coristanco.



Prensa

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/coristanco/2022/09/13/coristanco-impulsa-primer-unico-span-langglmuseo-da-patacaspan-galicia/0003_202209C13C1991.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=0003_202209C13C1991

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/somosagro/agricultura/2022/09/18/voces-autorizadas-reciben-visitante-museo-da-pataca-coristanco-abierto-ayer/0003_202209C18C5992.htm

https://www.diariodebergantinos.com/articulo/coristanco/festa-da-pataca-triunfa-coristanco-3893020

http://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-15-09-2022-5811495?t=1

MENÚ