TRABALLOS PARA O MINISTERIO DE AGRIGULTURA PESCA E ALIMENTACIÓN

Galicia Rural

"Galicia rural" é un proxecto documental de Arraianos Producións, editado en colaboración con Acude Rural (Asociación Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural) e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que forma parte da colección Fondo Contemporáneo da Mediateca do MAPA.

Esta edición multimedia propón unha reflexión plural e un debate contemporáneo sobre os retos, os desafíos e o futuro do mundo rural, especialmente na Galicia interior. Faino a través das imaxes e dos textos de Aser Álvarez e Plácido Romero e de tres orixinais traballos documentais, titulados "O tempo na Luparia, Cesteando e Fronteiras de Enerxía Animal", que gañaron diversos premios nacionais e internacionais, e que foron gravados na zona limítrofe entre Ourense e Portugal, na Raia Seca, ao longo das últimas décadas

Portada Galicia Rural Arraianos Produccións

Contraportada Galicia Rural Arraianos Produccións

 

Galicia na Memoria

"Galicia na Memoria" é unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos sobre Galicia dos arquivos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1934 a 1989.

Esta edición, pioneira en España e coordinada por Aser Álvarez para Arraianos Producións, é o número trece da Serie Fondo Documental Histórico e Cinematográfico do MAPA e preséntase en formato libro, con textos de expertos en temática rural, e un estoxo con 8 DVDs que conteñen máis de 800 fotos e 50 audiovisuais documentais, entre outros materiais. Esta edición da Mediateca do MAPA conta coa colaboración do Ministerio de Cultura, ICAA, Filmoteca Española, CRTVG, e é o primeiro número monográfico desta colección adicado a unha comunidade autónoma.

Portada Galicia na Memoria Arraianos Produccións

Contraportada Galicia na Memoria Arraianos Produccións

MENÚ