608 807 895

contacto@arraianos.com

Galeras, 13 2-8
15705 Santiago de Compostela

Formulario de Contacto

A historia da autonomía galega ilustrada

O pasado 10 de Setembro innauguramos a exposición 40 Anos de Autonomía de Galicia nas Caricaturas de Siro comisariada por Aser Álvarez e producida por Arraianos Producións. Cun total de 231 caricaturas seleccionadas como as máis representativas entre 2000 candidatas, esta expo permite coñecer de forma amena a historia completa da autonomía de Galicia dende a súa fundación en 1981 até a actualidade. Xerardo Fernández Albor, Emilio Pérez Touriño, Abel Caballero Álvarez ou Antolín Sánchez Presedo son só algúns dos nomes que podemos atopar percorrendo a exposición no Parlamento de Galicia ata o 15 de novembro.

En 1985, Santiago Rey Fernández-Latorre propúxome trocar a Oficina Técnica de Bazán pola redacción de La Voz de Galicia para dedicarme so ao xornalismo, e aceptei. Foi un acerto. Juan Ramón Díaz, o director, tivo outro cando me dixo: “Vas facer cada día unha viñeta sobre o feito político máis importante na comunidade”. O éxito foi extraordinario. Ver en caricatura e en situacións cómicas aos protagonistas da política galega era tan novedoso, que divertía por igual a lectores e protagonistas das viñetas. Por iso, en 1986, celebrouse nos baixos de San Caetano unha exposición con cen orixinais e á inauguración asistiron líderes de todos os partidos.

MENÚ